martes, 17 de marzo de 2009

PillaBici



Que é PillaBici?


É o servizo municipal de prestamo de bicicletas gratuito promovido polo Concello de Pontevedra dentro do Plan Pontenbici, realizado en convenio de colaboración co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) e que se engloba na Estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España (E4) e no Plan de Acción 2005-2007 medida de maior participación dos medios colectivos do transporte por estrada do IDAE (Instituto de Desenvolvemento e Aforro Enerxético).
Horario de funcionamento
De lúns a venres de 8,30 a 20,30 h
Sábados de 9 a 20,30 h
Domingos de 10 a 20,30h

Sen servizo días festivos, semana da Peregrina e o día da Feira Franca


Quen pode ser usuaria-o ?
Todas as persoas maiores de idade que se dean de alta no servizo. E os menores de idade que teñan 14 anos cumpridos ou máis, con autoriación expresa da nai, pai ou titor/a legal
1 -Recolle a folla de inscrición no Concello ou descarga-la dos seguintes links:
2 -Cubres o impreso despois de ler ben as normas de uso3 -Presentas a solicitude, cunha copia do DNI (ou os menores con autorización)
4 -Enviámosche a tarxeta á casa ou decímosche onde podes recollela


Como retiras a bici ?
1-Seleccionas a bici que desexas pillar2-Achegas a túa tarxeta ao panel de información do Pillabici3-Tecleas o PIN. Podes cambiar o teu PIN seleccionando "Cambiar PIN"
4-Elixes no panel o número da bici que queres utilizar5-Aceptas que a bicicleta que utilizas está en condicións óptimas de uso
6-Aceptas as normas de utilización7-Retiras a bicicleta en 30 segundos, liberando o frontal da bicicleta cun leve empurrón cara atrás.



Como devolves a bici ?
1 Achegas o manillar a calquera dos candados libres do punto elexido
2 Comprobar que a bicicleta quede bloqueada polo candado anter de marcharte
3 No suposto de non ter candado libre, chamar ao teléfono de incidencias e averias para resolvelo canto antes (Tlf. 662 072 243)Lembra comprobar que a bicicleta quedabloqueada polo candado antes de marcharte

Canto tempo podo utilizar a bici?
- Cada utilización da bici limítase a dúas (2) horas. Antes en calquera das estacións do servizo
- Cinco minutos despois pode volver a utilizarse
- Media hora antes de que remate o servizo, non se poden retirar bicis das estacións de préstamo, pero sí devolver a bicicleta

Casos de inhabilitación para o uso do servizo
Retraso de menos dunha hora > Inhabilitación de 24 horas
Retraso de entre 1 e 8 horas > Inhabilitación de 2 días naturais
Entrega posterior á hora de peche > Inhabilitación de 3 días naturais
Retraso de entre 8 e 24 horas > Inhabilitación de 7 días naturais
Retraso superior a 24 horas > Inhabilitación de 30 días naturais